Books Should Be Free
Loyal Books
Free Public Domain Audiobooks & eBook Downloads
Search by: Title, Author or Keyword

Catecismo d'a Doutrina Labrega   By: (1849-1906)

Book cover

First Page:

CATECISMO

D'A

DOUTRINA LABREGA

COMPOSTO POL O

R. P. M. FR. MARCOS D'A PORTELA

DOUTOR EN TIOLOXÍA CAMPESTRE

1888

IMP. D'O ECO D'OURENSE

Rua d'Alba, 15

DECRARACION

D'A DOUTRINA LABREGA.

P. ¿Sondes labrego?

R. Si, pol a miña disgracia.

P. Ese nome de labrego, ¿de quén o recibiche?

R. D'o sacho que me fai callos n as maus, d'a terra que rego c'o sudor d'a miña testa, d'as mouras fames que paso, d'o aire que brua n as miñas faltriqueiras, d'a monteira que levo n a chola, d'a coroza de palla que me libra d'a chuvia, d'as cirigolas d'estopa que me cobren de medio corpo abaixo, e d'outras cativeces entr'as que vivo aguniando.

P. ¿Qué quere decir labrego?

R. Home acabadiño de traballos, caste de besta de carga n a que tanguen á rabear os que gobernan, ser á quen fan pagar cédula como as persoas pra tratalo com'os cás, que leva faltriqueira n o traxe por fantesia, boca n a cara por bulra, que anda d'arrastro como as cobras, que fura n a terra como as toupeiras, que traballa moito e come pouco, que á somellanza d'os burros d'arrieiro que levan o viño e beben a auga, precuran o trigo pra comer o millo, que anda langraneando por unha peseta sin poder nunca xuntala, e que ven á ser considerado pol os seus somellantes como un ninguen que á todo chamar chámanlle Xan paisano... Continue reading book >>




eBook Downloads
ePUB eBook
• iBooks for iPhone and iPad
• Nook
• Sony Reader
Read eBook
• Load eBook in browser
Text File eBook
• Computers
• Windows
• Mac

Review this book



Popular Genres
More Genres
Languages
Paid Books